TELEA - Información
TELEA é a plataforma de asistencia domiciliaria deseñada polo SERGAS, que permite o acceso telemático dos pacientes no seu domicilio e o seu control en tempo real por parte dos profesionais sanitarios.
Cun deseño intuitivo e de fácil uso posibilita que calquera usuario cunha conexión a internet rexistre as biomedidas e cuestionarios pautados polo seu equipo de saúde. Non require descargar ou instalar ningunha aplicación por parte do usuario.
TELEA permite realizar un seguimento estreito de certas patoloxías e anticiparnos aos agravamentos que poidan ocorrer no contexto dunha enfermidade crónica, como a insuficiencia cardíaca, e posibilita ao médico modificar ou suspender tratamentos, evitando ao mesmo tempo desprazamentos innecesarios ata a consulta.
Instrucións e axuda
PRIMEIRO ACCESO
- A primeira vez que accedemos á plataforma elixiremos o contrasinal que queremos utilizar.
- Necesitaremos ter o teléfono móbil a man para este proceso.
REXISTRO DE BIOMEDIDAS
- Na páxina principal aparecen as actividades pautadas desde o Centro de Saúde.
- Neste exemplo rexistraremos unha TEMPERATURA.
RESPIRATORIO
- Desde a plataforma podemos realizar cuestionarios de saúde.
- Neste exemplo rexistraremos un CUESTIONARIO RESPIRATORIO.